Servizos
Xestión e asesoramento no mundo privado
Xestión integral especializada de comunidades de propietarios.
Cubrimos todas as necesidades de xestión da túa comunidade, realizando unha xestión:
- accesible e próxima con visitas periódicas ao inmoble.
- tecnolóxica con acceso web as 24h a toda a información relevante.
- transparente e de escoita activa, os teus problemas interésannos.
- proactiva buscamos melloras e aforro nos servizos comunitarios.
Todo iso en base a uns principios de calidade, control e satisfacción.
Xestión e asesoramento de asociacións.
Todo tipo de trámites e xestións ante a Administración Estatal, Autonómica ou Municipal:
- Xestión e tramitación de impostos
IRPF, IVE, sucesións e doazóns, imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, etc.
- Xestión e tramitación de herdanzas
Asesoría e tramitación de herdanzas, obtención do certificado de defunción, certificado de últimas vontades, liquidación/pago do Imposto de Sucesións e Doazóns, Plusvalía, etc.
- Asesoramento para emprendedores
Asesoría e xestión fiscal, laboral e contable a emprendedores. Inicio e desenvolvemento da túa actividade de xestión empresarial: plan de empresa, plan de márketing, selección da forma xurídica, etc.
- Asesoramento para constitución de empresas
Asesoría e xestión para a constitución dunha sociedade. Trámites iniciais tales como inscrición no Rexistro Mercantil, altas fiscais, permisos e licenzas, subvencións, etc.
- Tramitacións de licenzas municipais
Asesoría e tramitación de licenzas municipais de apertura e actividade (inocuas, cualificadas ou exentas), cambio de titularidade de licenza de apertura, licenzas de obras menor ou maior, etc.
- Tramitacións de vehículos e condutores
Xestións e trámites de condutores e vehículos ante a Xefatura de Tráfico. Renovación de permiso de condución, matriculación, transmisión, baixas, rehabilitación de vehículos, etc.
- Tramitacións en materia de transportes
Asesoría e xestión de trámites para as empresas de transporte por estrada. Obtención de autorización de transporte público ou privado, transporte de pasaxeiros ou de mercadorías, transporte internacional, mercadorías perigosas, sancións, etc.
- Tramitacións ante Rexistros e notarías
Ante os rexistros Civil, Mercantil e da Propiedade, solicitude de notas simples, certificacións, inscrición de todo tipo de escrituras no correspondente rexistro.
- Axudas e subvenciones
Procura, tramitación e xustificación de axudas e subvencións de calquera tipo (nacionais, rexionais, provinciais ou municipais), para comunidades, asociacións, pemes e autónomos.
- Adaptación á LOPD
Adaptación á Lei Orgánica de Protección de Datos, asesoramento para garantir a protección de datos de carácter persoal, sistemas informáticos, seguridade dos datos, requisitos legais na internet, etc.